InicioEconomíaA Axencia Europa de Control da Pesca freta en Vigo tres novas...

A Axencia Europa de Control da Pesca freta en Vigo tres novas patrulleiras

Servirán como plataformas adicionais para inspección pesqueira da Unión Europea en augas comunnitarias e internacionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) presentou este martes tres novas patrulleiras que servirán como plataformas adicionais para inspección pesqueira da Unión Europea en augas comunnitarias e internacionais.

Nun evento no que asistiron diferentes representantes do sector da pesca e as institucións galegas, españolas e europeas, a EFCA puxo en valor estes tres novos buques: Ocean Guardian, Ocean Protector e Ocean Sentinel.

Con pavillón portugués, os barcos despregaranse como patrulleiros pesqueiros grazas a contar con inspectores nacionais e da EFCA para apoiar aos estados membros nos diferentes plans de despregamento conxunto desde o Mediterráneo e o Mar Negro, ata as augas occidentais, o Mar do Norte, o Mar Báltico e as zonas NAFO e NEAFC.

Tal como indicou a directora executiva da EFCA, Susan Steele, os buques tamén se despregarán no marco de operacións polivalentes organizadas no marco da cooperación europea para as funcións de gardacostas.

Ademais dos medios marítimos, a EFCA tamén fretou unha aeronave para realizar servizos de vixilancia aérea para o control da pesca, proporcionando así unha ferramenta adicional para apoiar nos diferentes plans de despregamento conxunto.

“Este día marca un fito importante na historia da Axencia. O fretamento de tres plataformas de inspección pesqueira é un punto de inflexión e materializa o noso firme compromiso de apoiar ás autoridades dos estados membro e á Comisión Europea para promover o cumprimento das normas pesqueiras, así como contribuír para un mar seguro, protexido e sustentable”, reivindicou Steele.

Os tres barcos son embarcacións de salvamento e resposta ante emerxencias polivalentes cunha eslora total de 62 metros. Dous deles construíronse en 2018 e o último en 2020.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...