InicioEconomíaA CIG gaña as eleccións no centro da tecnolóxica Altia en Vigo

A CIG gaña as eleccións no centro da tecnolóxica Altia en Vigo

Consegue tres dos cinco representantes no comité.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG gañou as eleccións sindicais celebradas na empresa tecnolóxica galega Altia, no seu centro de traballo de Vigo, o ‘Data Center’ da compañía.

Segundo informou a CIG nun comunicado, a pesar da situación actual de teletraballo, a participación dos empregados no proceso electoral foi superior ao 70%.

Tal e como sinalou a CIG, tratábase da primeira vez que o sindicato presentaba unha lista no centro de traballo vigués, eleccións na que o sindicato logrou conseguir tres dos cinco representantes do comité do ‘Data Center’ de Altia.

Desde a CIG, mostráronse “satisfeitos” polos resultados conseguidos. “Isto permite comezar forte cun traballo a favor do conxunto dos traballadores, pola mellora das condicións laborais e na loita por unha igualdade real de oportunidades”, declararon desde o sindicato.

“Existe unha sección sindical con ganas de facer cousas e darlle un impulso á actividade sindical no centro de traballo. Tamén esperamos que isto se contaxie a outros centros de traballo de Altia como os que a compañía ten na Coruña e en Santiago de Compostela”, din desde a CIG.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...