InicioEconomíaRegades estuda abrir Zona Franca ao comercio con Colombia, especialmente de café...

Regades estuda abrir Zona Franca ao comercio con Colombia, especialmente de café e ron

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Zona Franca, David Regades, vén de reunirse co tenente de alcalde de Caldas de Reis para analizar intercambios comerciais con Latinoamérica, máis concretamente con Colombia.

O día 12 de setembro virán a Galicia empresarios e políticos colombianos con motivo das celebracións do 250 aniversario do nacemento do científico Francisco José de Caldas, prócer da independencia do país centroamericano bañado polos dous océanos e polo mar Caribe.

Desde Colombia están “moi interesados en estudar as posibilidades de comercio de café e ron para as grandes distribuidoras de alimentación de Galicia“, aseguran desde a Zona Franca.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...