InicioSucesosUnha persoa ferida tras chocar cun letreiro no aparcadoiro do Corte Inglés

Unha persoa ferida tras chocar cun letreiro no aparcadoiro do Corte Inglés

Outra persoa resultou ferida tras chocar co seu vehículo contra outro coche estacionado en Nigrán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes tras chocar contra un letreiro no aparcadoiro do Corte Inglés de Vigo.

Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 16,45 horas, cando un particular alertou de que unha persoa resultara ferida tras impactar co seu vehículo contra un letreiro no Corte Inglés da rúa Gran Vía.

Debido a que estaba liberada e accesible, desde emerxencias informouse os servizos sanitarios, á Policía Local e a Protección Civil.

FERIDO EN NIGRÁN

Antes, pasadas as 14,00 horas, outra persoa resultou ferida tras chocar co seu vehículo contra outro coche que estaba estacionado na localidade de Nigrán.

O suceso produciuse na Avenida de Portugal, á altura do número 34, e foi un particular o que alertou ao 112 Galicia. Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios e deuse aviso ao GES de Val Miñor, á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...