InicioSociedadeVigo chora a morte do histórico sindicalista galego Agustín Malvido Broullón, moitos...

Vigo chora a morte do histórico sindicalista galego Agustín Malvido Broullón, moitos anos á fronte da CIG

A Confederación Intersindical Galega e o BNG expresaron este xoves o seu "profundo pesar" polo seu falecemento, aos 94 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) expresou este xoves o seu “profundo pesar” polo falecemento de Agustín Malvido Broullón, figura clave do sindicalismo nacionalista desde a súa afiliación ao Sindicato Obreiro Galego (SOG) en 1976, aos 94 anos de idade, en Vigo.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a CIG quixo recoñecer publicamente a súa longa traxectoria sindical, social e política no ámbito do nacionalismo galego, ao mesmo tempo que trasladou o seu “máis sinceiro afecto” a familiares e amigos.

Nacido en Cangas en outubro de 1928, Agustín Malvido quedou orfo ao catro anos. Aos oito trasladouse a Vigo, onde, en 1940, con 12 anos, entrou a traballar como botóns do Real Club Náutico.

Máis tarde, fixo o propio como aprendiz na fábrica de Álvarez e en Vidros da Florida en 1944, empresa na que permaneceu ata o seu peche en 1978. Tempo durante o cal foi ligazón sindical, experiencia que lle serviría despois para axudar a desenvolver as primeiras organizacións sindicais nacionalistas da comarca de Vigo.

En 1976 afiliouse ao SOG, sendo responsable da negociación colectiva. Catro anos despois foi elixido secretario comarcal da Intersindical Nacional Galega (ING), cargo que continuou exercendo na Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), na Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e na CIG ata decembro de 1997, ano no que se xubilou.

De feito, Malvido foi o primeiro secretario comarcal da CIG de Vigo tras a unificación, sendo un dos alicerces básicos no nacemento, crecemento e consolidación do sindicalismo nacionalista.

Malvido mantivo, desde a súa xubilación ata a súa morte, unha relación constante coa CIG, con visitas periódicas ás instalacións do sindicato, e mesmo participando activamente nas principais mobilizacións convocadas na cidade olívica pola central sindical.

CONDOLENCIAS DO BNG DE VIGO

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou publicamente este xoves o seu pésame a familiares e amigos de Agustín Malvido.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, expresou o seu “profundo pesar” e transmitiu, en nome da formación nacionalista, o “máis profundo recoñecemento a toda unha vida dedicada á loita sindical en favor da clase traballadora galega”.

“Malvido é un expoñente dunha xeración á que lle debemos unha inmensa gratitude, por loitar fronte á inxustiza en tempos moi duros e complexos en favor dos dereitos da maioría social e das liberdades, sempre coa cabeza e co corazón en Galicia”, declarou.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...