InicioTomiño calcula nun millón de euros os danos do temporal en Ano...

Tomiño calcula nun millón de euros os danos do temporal en Ano Novo

O goberno local entende que "debería abrirse unha vía de urxencia para arranxar os danos dado o perigo que pode supor algunha situación de manterse no tempo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño valorou este mércores en máis dun millón de euros os danos causados polas intensas choivas rexistradas durante o temporal que sacudiu a comunidade galega en Ano Novo.

Tal e como informou o goberno local nun comunicado, a “imprevisible cantidade de choiva”, que na zona ascendeu a case 126 litros por metro cadrado segundo datos de Meteogalicia, afectou a muros e camiños que se viron alagados e mesmo á fortaleza de San Lourenzo de Goián, que se viu afectada en parte da reconstrución levada a cabo hai xa 20 anos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

A crecida do río Miño tamén fixo que o pasado luns, 2 de xaneiro, desprendésese un dos portos situados en torno ao espazo da fortaleza. Ademais, a praia de Goián e a senda do Miño quedaron totalmente cubertas pola auga, o que causou numerosos danos tanto en pasarelas como no propio pavimento.

Tras valorar os danos causados polo temporal, o Concello de Tomiño espera que o Goberno galego poida sufragar parte das desfeitas xa que, segundo sinalaron desde a administración local, foron provocados por unha “causa de forza maior” que vai supor un “forte imprevisto económico para as arcas municipais”.

Así mesmo, o goberno local entende que “debería abrirse unha vía de urxencia para arranxar os danos dado o perigo que pode supor algunha situación de manterse no tempo”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...