InicioAs consecuencias das inundacións fan que Salceda de Caselas estude a petición...

As consecuencias das inundacións fan que Salceda de Caselas estude a petición de zona catastrófica

O goberno municipal que encabeza a alcaldesa Verónica Tourón explicou que se levou a cabo unha primeira avaliación dos danos rexistrado "en todas as parroquias" do concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Salceda de Caselas anunciou que estuda solicitar a declaración de zona catastrófica por Xunta e polo Consello de Ministros ante os danos causados no municipio polas inundacións provocadas polas intensas precipitacións da última semana.

Nun comunicado remitido aos medios este luns, o goberno municipal que encabeza a alcaldesa Verónica Tourón explicou que se levou a cabo unha primeira avaliación dos danos rexistrado “en todas as parroquias” do concello.

Así, a auga causou derrubes, danos en vías e camiños, incidencias na rede de iluminación pública e de telecomunicacións, danos en instalacións municipais e inundacións en baixos de vivendas unifamiliares e edificios comunitarios.

As zonas máis afectadas son a zona industrial do Cerquido, onde a circulación quedou cortada na estrada N-550 durante toda a xornada do domingo e non puido restablecerse ata primeira hora deste luns.

Segundo o concello, “numerosas empresas” resultaron afectadas as inundacións e algunhas tiveron que interrupir a súa actividade. Ademais, o desbordamento dos ríos Landres e Caselas deixou diversos danos nas sendas que acompañan as súas canles.

A alcaldesa sinalou “que nestes momentos é importante atender ás urxencias provocadas polos danos” e que, unha vez liquidada, o goberno local procederá a avaliar os efectos de cara a unha posible solicitude a Xunta e Goberno central.

ÚLTIMAS

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...