InicioSociedadeAs previsións apuntan unha ocupación do 95% nos hoteis de Vigo

As previsións apuntan unha ocupación do 95% nos hoteis de Vigo

"Ter unha ocupación hoteleira do 95% neste luns, 26 de decembro, é insólito. Vigo xa é unha cidade referente en toda España e Europa como pode selo Madrid e Barcelona. Estamos nese nivel", declarou o alcalde,Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que a cidade olívica tivo o pasado luns, 26 de decembro, unha ocupación hoteleira do 95%.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor vigués sinalou que “practicamente todos os hoteis e apartamentos turísticos de Vigo enchéronse”.

“Ter unha ocupación hoteleira do 95% neste luns, 26 de decembro, é insólito. Vigo xa é unha cidade referente en toda España e Europa como pode selo Madrid e Barcelona. Estamos nese nivel”, declarou.

“O que estamos a facer é pór a Vigo no Planeta. Isto produce unha enorme afluencia de xente que ocupa todos os hoteis, todos os apartamentos turísticos e tantos lugares de hostalaría e comercios da cidade”, sentenciou.

Tal e como informou o Concello de Vigo na súa páxina web, a previsión é que a ocupación hoteleira mantéñase esta semana no 95%.

Ademais, este luns, 26 de decembro, a sala de tráfico municipal rexistrou a entrada duns 53.000 vehículos na cidade, un feito que supuxo unha “marca histórica”.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...