InicioEconomíaComezan as obras de restitución do ramal de acceso á Autovía do...

Comezan as obras de restitución do ramal de acceso á Autovía do Morrazo en Domaio

As actuacións consisten na demolición do firme do ramal no punto danado, así como a escavación das partes erosionadas para enchelas con novo material e compactalo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou este luns as obras de restitución do ramal de acceso á AG-46 en Domaio, no municipio pontevedrés de Moaña.

Segundo informou a Xunta de Galicia nun comunicado, estes traballos, que suporán un investimento estimado de 40.000 euros, céntranse na reparación do ramal que tivo que ser pechado nos últimos días polos danos causados debido ás fortes choivas.

As actuacións consisten na demolición do firme do ramal no punto danado, así como a escavación das partes erosionadas para enchelas con novo material e compactalo.

O obxectivo do Goberno galego é pór en servizo o ramal na terceira semana do próximo mes de xaneiro, tras as festas de Nadal, aínda que tal e como sinalou a Xunta de Galicia, isto dependerá de “as condicións meteorolóxicas para asegurar a calidade da capa de rodaxe do firme”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...