InicioSucesosFeridas dúas persoas tras unha colisión entre dous vehículos en Gondomar

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre dous vehículos en Gondomar

Ambos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este xoves tras unha colisión entre dous vehículos no municipio pontevedrés de Gondomar. Ambos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Segundo informou o 112, un dos implicados deu aviso ao servizo ao redor das 12,45 horas para indicar que acababa de sufir un accidente na PO-331 ao seu paso pola parroquia de Santa Mariña de Vincios, en Gondomar. No transcurso da chamada tamén solicitaba asistencia sanitaria tanto para ela mesma como para outra das persoas afectadas.

Desde o 112 solicitouse a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Gondomar. Ademais, foron informados o GES e Protección Civil de Val Miñor, así como os operarios de conservación das estradas. Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 que evacuaran a dúas persoas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...