InicioMedio Ambiente e PatrimonioO 'WEC Vermeer', que verteu fronte a Ons uns 150 litros de...

O ‘WEC Vermeer’, que verteu fronte a Ons uns 150 litros de fuel, liberado

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Capitanía de Vigo levantou este mércores todas as medidas de retención do buque portacontedores ‘WEC Vermeer’, despois de que o propio capitán do buque confirmara o pasado día 11 de decembro, cando se atopaba a unhas 5 millas náuticas ao través da Illa de Ons, que tiña unha fuga interior producida nun tanque de combustible.

Segundo informou a Dirección Xeral da Mariña Mercante, o buque cumpriu con todos os requirimentos esixidos, que consistiron no depósito dunha garantía de 230.000 euros para facer fronte a unha posible sanción administrativa e a limpeza e reparación da avaría detectada.

O portacontedores ‘WEC Vermeer’ verqueu a seis millas de Ons uns 150 litros de fuel o pasado día 11, segundo as estimacións declaradas polo propio mercante no marco do expediente que abriu Capitanía Marítima polo accidente.

O sinistro non transcendeu ata o pasado martes pola alerta xerada entre os habitantes da Illa de Arousa coa chegada de galletas do combustible. Ese mesmo día, Capitanía ordenou a súa retención no porto de Vigo, establecendo un acordo con medidas provisionais que o armador tivo que cumprir. Unha vez verificado o seu cumprimento, o buque portacontedores poderá saír do porto de Vigo este mércores, con dirección a Portugal.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...