InicioMedio Ambiente e PatrimonioAvanza o proxecto de musealización da Fortaleza do Castro

Avanza o proxecto de musealización da Fortaleza do Castro

A dirección xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, autorizou este martes ao Concello de Vigo a pór en marcha o proxecto de control arqueolóxico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, autorizou este martes ao Concello de Vigo a pór en marcha o proxecto de control arqueolóxico para musealizar e pór en valor a Fortaleza do Castro.

Así, o departamento autonómico respondeu ao documento achegado polo goberno local no que se remite o novo proxecto agora denominado ‘Control e seguemento arqueolóxico das obras de musealización e posta en valor da Fortaleza do Castro na Defensa de Vigo (Vigo-Pontevedra)’.

Segundo informou a Xunta de Galicia nun comunicado, a nova autorización de Patrimonio Cultural contén varios condicionantes como fotografar todas as unidades estratigráficas da intervención, con detalle dos elementos máis representativos, así como facer seccións e planos topográficos xenerais de resultados de control.

Ademais, os materiais arqueolóxicos que poidan aparecer, e demais documentación complementaria, depositaranse provisionalmente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo no prazo de seis meses.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...