InicioSociedadeUnha nova unidade especializada no hospital Vithas permitirá diagnosticar de forma moi...

Unha nova unidade especializada no hospital Vithas permitirá diagnosticar de forma moi precoz casos de Alzhéimer

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Vithas Vigo puxo en marcha unha Unidade de Demencias e Memoria con carácter multidisciplinar para diagnosticar de “forma rápida e precoz” os casos de Enfermidade de Alzhéimer e outras demencias.

A unidade conta con neurólogo, neurosicología, asistente social e os servizos de neuro-radioloxía e laboratorio. Así, os pacientes que acoden á Unidade comezan cunha primeira consulta co neurólogo para valorar ao paciente.

Tal como explicou Vithas Vigo, en caso de dúbidas o paciente será derivado aos neuropsicólogos do Instituto de Rehabilitación Neurolóxica Irenea de Vithas Vigo, Pablo Villarino e Marta Lazcano, que realizarán un estudo “máis en profundidade” das funcións complementarias.

Así mesmo, como probas complementarias de primeira liña solicitan habitualmente unha resonancia magnética cerebral, unha analítica e un electrocardiograma.

Con todo, indicou que a proba complementaria principal de segunda liña é a punción lumbar para a determinación dos ‘marcadores core’ de Enfermidade de Alzhéimer.

AXILIZA OS TEMPOS DE CONSULTA

O diagnóstico rápido de Alzhéimer e doutras demencias débese a que o Hospital de Vithas Vigo “axiliza os tempos de consulta das distintas probas complementarias”.

Nesta liña, apuntou que “utilizando adecuadamente” os ‘marcadores core’ en líquido cefalorraquídeo “pódense detectar” mesmo casos de Alzhéimer en fases de deterioración cognitiva, antes de que se desenvolva a demencia, o que permite iniciar o tratamento farmacolóxico moi precozmente.

Ademais, a asistente social do Instituto de Rehabilitación Neurolóxica do Hospital Vithas Vigo, Raquel Fernández, axuda aos familiares dos pacientes na xestión das axudas que ofrece a Administración.

Así as cousas, detallou que a Sociedade Española de Neuroloxía elevou a cifra de pacientes con demencia por Alzhéimer en España ata os 800.000 e, advertiu que, cada ano diagnostícanse unhas 40.000 persoas desta enfermidade.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...