InicioSociedadeQuince minutos de aforro de tempo nos traxectos que chegan de rutas...

Quince minutos de aforro de tempo nos traxectos que chegan de rutas do Eixo Atlántico tras a apertura da estación intermodal

Comezará a funcionar este sábado 17 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

estación intermodal de autobuses de Vigo comezará a funcionar este sábado e suporá reducir os traxectos ata en 15 minutos, melloras nas conexións coa AP-9 o Aeroporto de Vigo-Peinador e eliminación dalgunhas paradas.

Así o indicou Monbus nun comunicado, no que explicou que as rutas do Eixo Atlántico (XG-817) que finalizan en Vigo reducirán o seu percorrido entre 10 e 15 minutos.

Pola contra, as saídas desde a nova estación axustaranse entre 10 e 15 minutos para seguir mantendo as horas de paso e chegada. Por exemplo, o bus A Coruña-Vigo das 13.00 horas chegaba á cidade olívica ás 15.40 horas e agora o traxecto termina ás 15.25 horas.

Desta forma, nestas liñas elimínase a parada do Areal, salvo en autobús Lugo-Vigo das 5.30 horas; e no Vigo-Lugo das 8.30 horas. Pasa o mesmo a de Travesía de Vigo que só seguirá facéndose nos traxectos Pontevedra-Vigo por estrada.

No resto das concesións que teñen parada na antiga estación (XG-623, XG-621, XG-622, XG-624, XG-625 e XG-626) adecuarán os seus percorridos para chegar á nova estación.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...