InicioSucesosDetido un home en Covelo que tentaba captar menores para a venda...

Detido un home en Covelo que tentaba captar menores para a venda de droga

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un home por incitar a un menor a comprar drogas. O operativo levouse a cabo esta semana no municipio pontevedrés de Covelo, e permitiu non só frustrar as intencións do varón, senón evitar que “captase” a máis novos para poder satisfacer as súas necesidades de estupefacientes e que introducise a outros menores na súa rede.

A investigación foi posible grazas á colaboración do mozo e da súa familia xa que, en canto o adulto contactou con el para ofrecerlle o “negocio ilícito”, a vítima advertiu aos seus proxenitores, que á súa vez puxeron o caso en coñecemento da Garda Civil.

Varias testemuñas puideron ratificar os feitos denunciados. Ao home investígaselle por inducir ou favorecer o tráfico de drogas a un menor. Trátase dun delito contra a saúde pública agravado.

Este operativo enmárcase no Plan Estratéxico de Resposta Policial deseñado pola Secretaría de Estado e Seguridade, para previr e combater o tráfico minorista e o consumo de drogas nas zonas de lecer e diversión.

O Plan recolle unha serie de actuacións que as FCSE desenvolverán para incrementar a presión sobre quen desenvolven estas actividades ilegais e impedir e erradicar o tráfico ilícito de drogas nos espazos utilizados polos cidadáns para o lecer.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...