InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra presenta en Vigo a súa campaña para fomentar...

A Deputación de Pontevedra presenta en Vigo a súa campaña para fomentar os xoguetes non sexistas e non violentos

'Grazas xoguetes por axudarnos a soñar sen estereotipos' é o lema da campaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentaron este mércores na cidade olívica a nova edición da campaña da institución provincial para promover a adquisición e o uso de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos.

Baixo a lema ‘Grazas xoguetes por axudarnos a soñar sen estereotipos‘, a presentación da devandita campaña tivo lugar pasadas as 11,00 horas na parada de autobús da Laxe. Durante o acto, a presidenta provincial incidiu en que esta iniciativa pretende promover un cambio de criterio cara a valores libres de estereotipos sexistas “reivindicando a educación en clave de igualdade”, xa que “o xogo marca a vida” e “se se educa en igualdade, as nenas e os nenos poden elixir con que xogar e poderemos construír unha sociedade máis libre e igualitaria”.

A imaxe da campaña xa é visible no transporte público de Vigo, concretamente na parte traseira e lateral das liñas H, que circula desde Navia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, e L17, entre Matamá e A Guía.

Ademais, os autobuses de todas as liñas que percorren a cidade olívica proxectan nos seus traxectos o vídeo no que os cinco protagonistas da campaña (a catedrática de inmunoloxía África González, a cineasta Emma Lustres, o bailarín Diego Landín, a futbolista Paula Dapena e o cociñeiro Pepe Solla) agradecen aos seus xoguetes infantís axudarlles a elixir a súa ocupación laboral.

Pola súa banda, Abel Caballero sinalou que esta campaña “afianza novas formas de entender os xogos e as culturas dos nenos cun xogo interactivo no que tamén forman parte os pais e os avós”. “É unha forma nova de entender o xénero, a diversidade no xénero e de entender as formas nas que se interaccionan na forma de vivir”, engadiu.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...