InicioEconomíaVigo pide a Xunta e Goberno mellorar os accesos ao Ifevi

Vigo pide a Xunta e Goberno mellorar os accesos ao Ifevi

Así o avanzou o alcalde tras anunciar unha axuda de 100.000 euros para Conxemar, feira que se celebra neste recinto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o concello da cidade olívica dará unha axuda de 100.000 euros para impulsar a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), á vez que pedirá a Xunta e Goberno a mellora dos accesos ao Instituto Feiral (Ifevi), lugar no que se celebra este evento.

En rolda de prensa, o rexedor vigués destacou, tras reunirse con responsables de Conxemar, que, con esta achega, o goberno local quere “contribuír ao máximo na posta en marcha de Conxemar”. “Estamos a falar dunha feira moi importante para Vigo e nós queremos formar parte do éxito de Conxemar”, sinalou Abel Caballero.

Fíxoo despois de que asegurar que no caso da Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia “fixo un acceso específico desde a autoestrada e en Vigo non fixeron nada aínda”. “Levamos tempo esperando e como reclamándoo ao Goberno galego”, criticou.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...