InicioSociedadeVilaboa contará cun paso elevado na N-550

Vilaboa contará cun paso elevado na N-550

A obra mellorará o tránsito rodado e peonil entre os barrios do Toural e O Carballal

PUBLICADO O

- Advertisement -

delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse co alcalde de Vilaboa, César Poza, para trasladarlle o compromiso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana coa construción dun paso elevado na N-550 por valor de 400.000 euros.

Esta obra, demandada polo rexedor local ao Executivo central, ten por obxectivo mellorar o tránsito rodado e peonil dos veciños desta localidade no contexto das obras da A-57. Actualmente, a construción desta futura autovía, paralela á AP-9, está completada nun 80 por cento no seu primeiro tramo de 5,7 quilómetros cun gasto executado de 50 millóns sobre os 65 orzados.

A construción deste paso a nivel na intersección da N-550 e a A-57 favorecerá a mobilidad entre os barrios do Toural e O Carballal. “A obra permitirá o paso de vehículos agrícolas, así como o tránsito de peóns e ciclistas por este punto”, explicou José Miñones durante a súa visita á localidade pontevedresa.

O representante do Goberno asegurou que estes feitos demostran que o Executivo de Pedro Sánchez “escoita as demandas das vilas e os seus cidadáns e que está comprometido co seu benestar e co municipalismo”.

O encontro entre ambos os representantes serviu tamén para tratar outros investimentos que levarán a cabo na localidade pontevedresa.

O Programa Único do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que forma parte do ‘Plan de Recuperación do executivo de Pedro Sánchez, “fará posible que, a finais de 2024, familias e empresas de 24 zonas do concello teñan acceso a Internet de banda ancha ultrarrápida“, afirmou Miñones.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...