InicioSucesosInvestigan un local de copas de Baiona por ter pastillas na barra...

Investigan un local de copas de Baiona por ter pastillas na barra predispostas á venda aos clientes

Tamén se incautou unha pequena cantidade de marihuana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente ao propietario dun local de copas de Baiona, e a unha amiga do mesmo, por un presunto delito contra a saúde pública despois de atopar no devandito local varios centenares de pastillas de diversos fármacos predispostos para a súa venda.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, trátase de dous medicamentos, Tranxilium e Targin, de venda autorizada en farmacias unicamente con prescrición médica, que “consumidos sen control nin prescrición facultativa producen efectos psicotrópicos, nalgúns casos con efectos similares á heroína”.

A incautación produciuse no marco dun operativo realizado por efectivos do posto principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán para previr e erradicar o consumo de estupefacientes na vía pública e en establecementos de lecer.

Dentro das actuacións que levaron a cabo durante a noite do pasado 22 de outubro, realizáronse distintas inspeccións en locais de copas do centro urbano de Baiona, intervindo nun deles 300 pastillas de Tranxilium e 560 de Targin.

Tal e como informou a Garda Civil, algunhas destas pastillas atopábanse “ao alcance da man”, no interior da barra do local, supostamente predispostas para a venda aos clientes. O resto atopábanse gardadas noutra estancia do establecemento.

No transcurso da inspección, tamén se incautou unha pequena cantidade de marihuana, ademais de dúas bates de béisbol, armas brancas tales como puñais, coitelos e navallas, así como varios cartuchos de armas de fogo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...