InicioPolíticaEU propón de novo a Rubén Pérez para a construción dunha candidatura...

EU propón de novo a Rubén Pérez para a construción dunha candidatura plural de esquerdas á alcaldía de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida (EU) propuxo de novo ao actual portavoz de Marea de Vigo e coordinador local de EU na cidade olívica, Rubén Pérez, para a construción dunha candidatura plural de esquerdas á alcaldía de Vigo de cara ás eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio.

A asemblea local de EU validou este fin de semana por unanimidade a Rubén Pérez como cabeza de lista ao termo do proceso de configuración de candidatura e proposta política para as eleccións municipais de 2023, un proceso, en palabras de Rubén Pérez, “longo pola necesidade de ser rigorosos na proposta de persoas e no programa para construír un Vigo desde a esquerda alternativa”.

Segundo detalla EU nun comunicado, o seguinte paso é sumar unha “proposta de traballo e programático para configurar unha candidatura que some ao esforzo de Marea de Vigo desde o ano 2015 valor e riqueza da achega política de Podemos, Anova, EU, Equo e os espazos cos que EU leva traballando 8 anos no municipalismo”.

Rubén Pérez agradeceu a confianza depositada nel nestes últimos anos. “Este proceso de renovación da confianza da militancia e simpatizantes é o gran valor que temos en EU. Unha militancia incombustible sen a cal sería imposible o intenso traballo levado a cabo nestas dúas lexislaturas no Concello de Vigo. Estou enormemente agradecido aos meus compañeiros por ser o soporte do proxecto colectivo”, sinalou.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...