InicioEconomíaCon Bouzas colapsada, Stellantis abre dous novos depósitos para almacenar vehículos en...

Con Bouzas colapsada, Stellantis abre dous novos depósitos para almacenar vehículos en Porriño e Salvaterra

Stellantis Vigo abriu dúas novas campás nas localidades pontevedresas do Porriño e Salvaterra de Miño para seguir almacenando vehículos de forma provisional ante a satuación que está a vivir a terminal de Bouzas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Stellantis Vigo abriu dous novos depósitos nas localidades do Porriño e Salvaterra de Miño para seguir almacenando vehículos de forma provisional ante a saturación que está a vivir a terminal de Bouzas.

Fontes da multinacional consultadas por Europa Press aseguraron que a conxestión de coches atópase motivada por “unha confluencia de factores”, entre os que destacan “a conxestión nos portos e as alteracións que se están producindo nos fluxos marítimos“.

“Somos unha vítima da situación, buscamos onde poder almacenar estes vehículos ata que se desbloqueen as exportacións por vía marítima. É unha solución provisional”, sinalaron as mesmas fontes.

Estes dous novos depósitos provisionais que abriu Stellantis nas localidades do Porriño e Salvaterra de Miño contan, segundo fontes da factoría viguesa, con “un importante dispositivo de seguridade“.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...