InicioSucesosO corpo achado sen vida en Cabo Home corresponde á muller de...

O corpo achado sen vida en Cabo Home corresponde á muller de Moaña de 52 anos desaparecida desde o pasado xoves

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo achado sen vida na mañá deste pasado mércores nunha zona rochosa próxima a Cabo Home corresponde á muller de 52 anos de Moaña desaparecida desde o xoves, 3 de novembro.

Así o confirmaron fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, que aseguran que “o corpo foi atopado sen sinais de violencia” polo que a principal hipótese da investigación apunta a que a muller pretendese acabar coa súa vida.

O achado do corpo tivo lugar nunha zona rochosa moi próxima ao lugar no que fora atopado o coche da desaparecida, unha traballadora do centro de saúde de Moaña.

A Garda Civil levaba días buscando á muller, con axuda de axentes de policías locais da zona, despois de que a súa parella denunciase a súa desaparición tras manter con ela unha discusión.

Ademais, familiares, amigos, veciños e compañeiros de traballo da muller envorcáronse na súa procura a través das redes sociais para tratar de conseguir calquera información que lles axudase á súa localización.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...