InicioVigo e contornaVigoVigo e Adif ratifican o acordo para a cesión ao concello de...

Vigo e Adif ratifican o acordo para a cesión ao concello de dúas parcelas

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia publicou a aprobación definitiva da modificación orzamentaria co fin de poder dar axudas ás familias con fillos escolarizados en educación primaria e secundaria obrigatoria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) ratificaron este mércores o convenio asinado no verán para a cesión á cidade de dúas parcelas pertencentes á antiga liña ferroviaria de baixada ao porto e a transmisión ao seu favor dunha parcela municipal na rúa Aragón.

Tal como informou na súa rolda de prensa diaria o alcalde, Abel Caballero, este acordo permitirá abrir unha rúa nova, continuando Serafín Avendaño ata case Isaac Peral.

O convenio establece a cesión ao Concello de chan destinado a vial, propiedade de Adif e ocupado actualmente por unha vía pública, situado en Serafín Avendaño de 540 metros cadrados de superficie.

En virtude do mesmo, o Concello compensa a Adif coa transmisión dunha propiedade municipal de 534 metros en Aragón. Ademais desta permuta, tamén se establece a cesión anticipada de uso provisional e gratuíto doutros dous terreos pertencentes á antiga liña ferroviaria de baixada ao porto vigués.

Caballero agradeceu a Adif o “excepcional” trato que manteñen coa cidade e avogou por “seguir facendo rúas, humanizando e mellorando a vida da xente”.

AXUDAS A LIBROS

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia publicou a aprobación definitiva da modificación orzamentaria co fin de poder dar axudas ás familias con fillos escolarizados en educación primaria e secundaria obrigatoria.

Desta maneira, o Concello olívico destinará 5,2 millóns de euros a repartir 205 euros por alumno para o pago dos libros de texto. Agora, segundo explicou Caballero, as bases da convocatoria aprobaranse en xunta de goberno e, posteriormente, abrirase o prazo de solicitude.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...