InicioEconomíaA Xunta anuncia a chegada de14 emprendedores nos locais do Consorcio Casco...

A Xunta anuncia a chegada de14 emprendedores nos locais do Consorcio Casco Vello de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio casco Vello, Marta Fernández-Tapias, entregou este luns as chaves dos seus respectivos locais aos adxudicatarios que resultaron gañadores do concurso público, que suporá a chegada ao barrio de catorce novos negocios con actividades comerciais e culturais.

“Hoxe facemos a entrega oficial dos baixos a un total de 14 empresas para que poidan iniciar de forma inmediata a súa instalación no barrio, o que suporá unha importante dinamización da zona”, subliñou a representante autonómica.

Tal como indicou o Goberno galego, entre os novos adxudicatarios atópanse artesáns, autónomos, profesionais liberais, editoriais e colectivos culturais. Fernández-Tapias tamén informou de que o Consorcio casco Vello xa publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o proceso de adxudicación directa para outros seis locais.

Así, ata martes celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a todos aqueles interesados os baixos dos que dispoñen en varios puntos da zona histórica olívica. Con todo, a delegada da Xunta criticou que o Concello de Vigo “bloquease” hai dous anos esta iniciativa. “A xestión do Consorcio continúa adiante a pesar da permanente negativa do alcalde a calquera investimento da Xunta en Vigo”, subliñou Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...