InicioEconomíaA incubadora de automoción High Tech Auto de Zona Franca inicia a...

A incubadora de automoción High Tech Auto de Zona Franca inicia a súa cuarta edición

Nesta edición impulsará nove proxectos novos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo estreou este martes a cuarta edición da súa incubadora de alta tecnoloxía centrada no sector da automoción, High Tech Auto, co impulso de nove novos proxectos.

Foi o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, o encargado de abrir a xornada, á que tamén asistiu Fany Suárez, subdirectora de Galicia Emprende, en representación do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Xunta de Galicia.

“A Zona Franca de Vigo xa é a vosa casa. Con isto quero dicir que sempre teredes un aliado no que confiar e no que apoiarvos”, subliñou Regades, alentando aos participantes a seguir esforzándose para conseguir chegar á consolidación dos seus proxectos e ser casos de éxito.

Tal como explicou o Consorcio nun comunicado, os proxectos que inician o seu camiño na incubadora teñen que ver coa electromovilidade, a carga de baterías, a creación de pezas customizadas para motocicletas, novas fórmulas de vehículos para persoas de mobilidade reducida, mellora na interconectividade dos vehículos e a fabricación de pezas mediante sistemas de impresións 3D con tecnoloxía SLM.

A High Tech Auto recibiu desde a súa fundación un total de 68 candidaturas de proxectos, dos que 40 pasaron a fase de incubación. Trátase dunha incubadora “única en España” e especializada no sector da automoción e supón unha oportunidade para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector da automoción, sector auxiliar de compoñentes e servizos avanzados para a industria da automoción.

Está cofinanciada ao 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional e é promovida pola Zona Franca e polo Goberno galego.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que Vigo será decisiva para volver ter deputado por Pontevedra

O BNG fixo este venres en Vigo un chamamento á cidadanía que lle dera...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...