InicioSucesosUn home mata a súa veciña en Vigo

Un home mata a súa veciña en Vigo

O Concello de Vigo decreta un día de loito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido en Vigo por matar a unha veciña con arma branca. Os feitos producíronse este domingo e o home, segundo informa a Policía Nacional, foi detido por homicidio.

A Policía Nacional ratificou que tanto o presunto homicida como a muller morta eran veciños do mesmo bloque e mesmo andar, nun edificio da Rúa Zamora, á altura do número 70, na cidade olívica.

Así mesmo, confirmou que o detido ten 63 anos e a vítima, á que abordaría na entrada do seu domicilio, 56 anos.

VECIÑOS APUNTAN QUE SE SENTÍA ACOSADA, PERO NON HAI DENUNCIAS PREVIAS

Segundo transcendeu, outros veciños do inmoble relatan que a vítima dixeralles que o home, co que tería algún conflito previo, levaba días deixándolle notas e que se sentía acosada. En todo caso, a Policía Nacional sinalou que non constan denuncias entre eles. Está previsto que o home pase a disposición xudicial este martes.

O detido agardou a chegada da policía coas mans aínda ensanguentadas confirmandolles directamente o asasinato “está muerta”. Un veciño ao que o resto do vencindario sinala como “conflictivo”

DÍA DE LOITO

O Concello de Vigo decretou un día de loito oficial e bandeira a media hasta en memoria da muller que morreu tras ser apuñalada por un veciño este domingo. “Trasladamos o noso pésame á familia e mostramos o noso rexeitamento a un crime tan terrible“, traslada nun comunicado.

REXISTRO NO PISO

A Policía Nacional trasladou na mañá deste luns ao sexaxenario que presuntamente matou a súa veciña en Vigo ao lugar dos feitos para rexistrar o piso e obter probas sobre o ocorrido.

Pasadas as 13,30 horas da mañá deste luns, axentes da Policía Nacional, acompañados de avogados e o xuíz de garda, trasladaron o home ao número 70 do edificio de rúa Zamora para pescudar máis sobre o que pasou.

A berros de “asasino”, “cabrón”, “lercho” ou “oxalá podrezas no cárcere”, veciños do inmoble cargaron contra o home á súa chegada ao lugar. Tras media hora no interior do mesmo, os funcionarios volveron introducir o presunto asasino no coche policial, recibindo de novo berros dos seus veciños.

Esta tarde, a Policía Nacional estaba a tomar declaración ao home, debido a que esta noite foi derivado a un centro sanitario antes de ingresar nos calabozos, onde permanecerá ata pasar a disposición xudicial mañá martes.

Fontes coñecedoras da investigación confirmaron que o home, de 62 anos aínda que cumpre 63 este ano, mantiña relacións tensas coa comunidade de veciños e sería o autor de varias notas ameazantes contra a veciña morta.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...