InicioSociedadeTui presenta en Huelva un proxecto para poñer en valor o río...

Tui presenta en Huelva un proxecto para poñer en valor o río Miño

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu a coñecer hoxe os obxectivos desta actuación conxunto con Valença, Salvaterra e Monçao.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presentación do proxecto transfronteirizo ‘Río Miño, un destino navegable’ foi unha das ponencias que tivo lugar este martes na xornada sobre “Dinamización territorial, patrimonio e turismo no tramo internacional transfronterizo: o caso do río Miño”. Así, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, desprazouse ata Punta Umbría en Huelva para dar a coñecer este proxecto, desenvolvido polo concello de Tui xunto ao de Salvaterra de Miño e as Cámaras Municipais de Valença e Monçao.

Esta actividade é un dos tres seminarios organizados no marco do Foro Internacional de Transferencia de Coñecemento en Economía Azul que se celebra en Huelva dentro do proxecto europeo Atlazul. A organización corresponde ao Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, socio nesta acción financiada polo programa Interreg de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou que é “toda unha satisfacción vir presentar a un congreso internacional un proxecto que atañe directamente a Tui, á Eurocidade Tui-Valença, e tamén a Monçao – Salvaterra, convidados polo CETMAR”. O rexedor tudense valorou positivamente “a acollida que este proxecto tivo neste congreso, o que nos anima a seguir traballando nel”. 

Ademais, avanzou que “cómpre estudar a súa ampliación cara unha segunda fase, na que haberá que reformular varias cuestións”. Engadiu que se trata dunha actuación encamiñada a poñer en valor o río Miño para convertelo nun “elemento de dinamización social, turística e polo tanto económica”.

O proxecto Río Miño Navegable ten coma obxectivo principal mellorar a navegabilidade do río Miño internacional mediante a xestión compartida do espazo Rede Natural 2000 do Baixo Miño e aproveitando a existencia de patrimonio natural e cultural de alto interese turístico asociado á especificidade do territorio coma vantaxe competitiva fronte a outros destinos. 

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...