InicioSucesosAlerta internacional pola desaparición dunha veciña do Porriño nos Países Baixos

Alerta internacional pola desaparición dunha veciña do Porriño nos Países Baixos

Desapareceu o 4 de setembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello do Porriño informou na súa conta da rede social Facebook de que se atopa activa unha alerta internacional pola desaparición nos Países Baixos dunha veciña do municipio pontevedrés, da que non se teñen noticias desde o pasado 4 de setembro.

Trátase de Diana Requejo Martínez, de 39 anos de idade, e que, segundo o cartel difundido por SOS Desaparecidos, mide 1,75 metros de estatura, é de complexión delgada e ten o pelo negro e os ollos marróns. Na súa publicación, o Concello pide que se alguén ten algunha información sobre o seu paradoiro comuníqueo á Asociación SOS Desaparecidos ou contacten coa Policía.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...