InicioSociedadeLuís Planas confirma que Vigo acollerá un Consello de Pesca da UE...

Luís Planas confirma que Vigo acollerá un Consello de Pesca da UE “os primeiros días de xullo”

Por outra banda, o ministro aproveitou a súa visita a Vigo para eloxiar aos organizadores de Conxemar

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, confirmou este xoves que Vigo será sede, “os primeiros días de xullo”, dunha reunión do Consello de Pesca da UE, no marco da presidencia española da Unión.

Así o manifestou, durante a súa visita á XXIII Feira Conxemar de Vigo, e sinalou a importancia de “restaurar a tradición” de reunir ao Consello de Pesca, para o que se elixiu Vigo, tal e como xa avanzara o Executivo central. “Será unha gran ocasión”, subliñou Planas, que puxo en valor o papel da cidade como sede da Axencia Europea de Control da Pesca e como aspirante a acoller unha oficina da FAO que impulse os ‘portos azuis’.

Por outra banda, o ministro aproveitou a súa visita a Vigo para eloxiar aos organizadores de Conxemar, unha “cita ineludible” que, tras o parón pola pandemia, “consolídase de forma importante” con 700 expositores de máis de 40 países nesta última edición.

Tamén recalcou a importancia do sector pesqueiro e de transformación, que “conta con todo o apoio do Goberno”, e lembrou que España ten nas súas frotas uns 8.700 buques (a metade con base en Galicia) e que as cifras de exportación están ao redor de 4.300 millóns de euros.

Finalmente, apuntou que, en materia de pesca, quedan “meses importantes por diante”, e o Goberno está a preparar “o gran Consello de decembro”, onde se fixarán os TAC e cotas, fundalmentales para a frota. “Traballaremos de xeito conxunto co sector para lograr o mellor resultado posible”, asegurou.

ÚLTIMAS

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto...

Queres saber como é a nova torre de control dixital de Peinador?

Trece monitores de 55 polgadas cada un que recollen as imaxes captadas por máis...

O conselleiro de Sanidade sobre a próxima entrada en vigor do novo contrato de Povisa: “Ninguén vai obrigado”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ratificou este mércores que para abril --o...

O pleno do Concello de Vigo reclama a consideración de ‘nodal’ para o porto da cidade

O pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves en sesión extraordinaria reclamar ao...