InicioSucesosFalece un operario tras caer desde o tellado dunha nave no Porriño

Falece un operario tras caer desde o tellado dunha nave no Porriño

O accidente sucedeu no polígono industrial da Granxa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario de 39 anos de idade faleceu na mañá deste mércores tras precipitarse desde o tellado dunha nave no polígono industrial da Granxa, no Porriño, segundo informou o 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar na nave de Granitos Ibéricos, fronte á gasolineira de Gradín, onde a vítima traballaba na instalación dunhas placas solares no teito. Nun momento dado, unha das placas do tellado cedeu e o home caeu desde unha gran altura.

Un particular alertou ao 112 sobre as 9,30 horas. Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, a Garda Civil e a Policía Local, así como Bombeiros do Porriño, dado que a vítima quedara tendida sobre unhas laxas a uns dous metros de altura sobre o chan.

Finalmente, foron os Bombeiros os encargados de baixar ao home e os servizos sanitarios só puideron certificar o falecemento da vítima, D.F.A., de 39 anos de idade e natural de Sanxenxo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...