InicioSociedadeNovas retencións na AP-9 nas inmediacións do Ifevi para acceder á feira...

Novas retencións na AP-9 nas inmediacións do Ifevi para acceder á feira Conxemar

Rueda e Caballero acusanse mutuamente desta situación e piden melloras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A autoestrada AP-9 volve rexistrar este mércores retencións nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) onde, desde o martes e ata este xoves, celébrase a XXIII da feira Conxemar.

Así, o tráfico é intenso e con cola de vehículos á altura do quilómetro 157 en sentido Tui, e tamén hai complicacións nos viarios de acceso ao recinto feiral.

Deste xeito, repítense as dificultades que xa se rexistraron este martes, día de inauguración da feira, desde primeira hora ata o mediodía, con retencións que, por outra banda, son habituais cada vez que se celebra unha gran feira ou evento no Ifevi.

De feito, durante a inauguración de Conxemar 2022, a Xunta e o Concello de Vigo, por voz de Alfonso Rueda e Abel Caballero, reclamáronse mutuamente medidas para mellorar os accesos ao recinto, dado que os colapsos de tráfico son unha estampa habitual cada ano.

Mentres que o presidente galego pediu esas medidas ao Concello (como titular da Avenida do Tranvía) e ao Goberno (como titular da autoestrada), o alcalde da cidade atribuíu á Xunta a competencia e anunciou que remitirá un proxecto á administración autonómica para implementar melloras.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...