InicioPolíticaAbel Caballero acusa á asociación de veciños de Teis de "facer política"...

Abel Caballero acusa á asociación de veciños de Teis de “facer política” e di que “haberá biblioteca”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou as “mentiras” da asociación de veciños do barrio de Teis e reivindicou que si se construirá unha biblioteca na zona.

Na súa rolda de prensa diaria, Caballero indicou que o pasado 30 de xuño si se aprobou un edificio para uso de sala de lectura e biblioteca. “Non sei de onde sacaron que non vai haber unha biblioteca. Son as mentiras da asociación de veciños que todo o que din son mentiras”, subliñou Caballero, tachándoos de “antigoberno” e de querer facer política.

“Están a traballar en política. Dígolle a Teis que non se deixen enganar. Imos facer unha biblioteca marabillosa”, engadiu Caballero.

Todo iso despois de que este xoves anpas e colectivos veciñais do barrio de Teis denunciasen que senten “enganados” polo goberno local, que anunciou a construción dunha biblioteca cando, en realidade, o que se prevé é unha sala de lectura.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...