InicioCulturaVeciños de Teis contra o alcalde de Vigo por non facer unha...

Veciños de Teis contra o alcalde de Vigo por non facer unha biblioteca: “Fomos enganados”

Denuncian que o que se proxectou foi unha sala de lectura no barrio e non a biblioteca anunciada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Anpas e colectivos veciñais do barrio vigués de Teis denunciaron este xoves que senten “enganados” polo goberno local e polo alcalde, Abel Caballero, que anunciou a construción dunha biblioteca cando, en realidade, o que se prevé (como se confirma no proxecto aprobado en Xunta de Goberno) é unha sala de lectura.

Estes colectivos lembrou en rolda de prensa que levan “anos” reivindicando a apertura dunha biblioteca, e que o goberno local anunciou esta dotación xa en 2014, que se construirá no solar do antigo centro de saúde. Respecto diso, apuntaron que o alcalde leva varios anos anunciando a construción desa infraestrutura como unha “biblioteca”.

Con todo, o proxecto aprobado en xuño pasado “confirma as sospeitas” de que ese edificio será unha simple sala de lectura. “Os colectivos de Teis consideramos a situación como de máxima gravidade“, sinalaron, á vez que criticaron o atraso nesa construción.

Así mesmo, lamentaron que o goberno local non respondeu ás súas peticións de reunión co alcalde e que non se deu á veciños información detallada ou a posibilidade de participar no deseño do proxecto.

Finalmente, volveron a reclamar ser recibidos polo rexedor para tratar sobre este proxecto, e acordar unha infraestrutura “que dea resposta ás necesidades de Teis”.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...