InicioVigo e contornaVigoDenuncian un condutor en Vigo por causar danos nunha rotonda e abandonar...

Denuncian un condutor en Vigo por causar danos nunha rotonda e abandonar o vehículo no lugar dos feitos

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da identificación doutros dous condutores, que circulaban baixo os efectos do alcol, e que foron denunciados por vía penal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un condutor, M.A.O.A., de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria (ao circular baixo os efectos do alcol) e de danos (ao causar danos nunha rotonda).

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado martes, cando o 092 recibiu unha chamada alertando dun accidente na rotonda da Avenida de Citroën, do que fuxira a pé o condutor implicado, abandonando o vehículo.

A Policía Local estableceu un dispositivo de procura e localizou ao condutor, preto da entrada principal da planta de Stellantis. Ao identificalo, os axentes decatáronse de que presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol, extremo que se confirmou ao realizarlle as probas, que arroxaron resultado positivo de 0,70 e 0,71 mg/l (o que excede o límite penal).

Por este motivo, os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade e por un accidente con danos ao patrimonio, xa que se rexistraron danos na barreira de seguridade do interior da rotonda.

MÁIS ALCOHOLEMIAS POSITIVAS

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da identificación doutros dous condutores, que circulaban baixo os efectos do alcol, e que foron denunciados por vía penal.

Así, na madrugada do pasado domingo, foi interceptada unha condutora na rúa Areal, M.A.G., de 35 anos de idade, que circulaba diante dun coche patrulla facendo zigzag e de forma errática. Os axentes interceptárona e sometérona á proba de alcoholemia, que arroxou resultado de 0,82 e 0,80 mg/l.

Esa mesma madrugada, tamén foi sorprendido outro condutor que circulaba facendo zigzag e mesmo invadindo o carril contrario pola rúa Colón. O condutor, J.L.F.J., de 52 anos de idade, tamén deu positivo na proba de alcoholemia por encima do límite penal (0,66 e 0,67 mg/l).

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...