InicioMovementos SociaisXuventude polo Clima concéntrase en Vigo para pedir un cambio de modelo...

Xuventude polo Clima concéntrase en Vigo para pedir un cambio de modelo e “democratizar” a enerxía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de mozas concentráronse este venres en varias cidades galegas baixo a lema ‘Democratización da enerxía por un territorio autosuficiente‘ para esixir un cambio de modelo enerxético, que poña “no centro ás persoas” e promova as enerxías renovables “desde un punto de vista responsable”.

Así o trasladou o coordinador de Xuventude polo Clima-Fridays for Future, Xoán Torres, en declaracións aos medios durante a concentración celebrada na Praza do Rei, diante do Concello de Vigo.

Segundo apuntou, tras un verán “devastador” polos incendios e a seca, o Goberno de España mantén “políticas enerxéticas que non conveñen para o futuro” e instaron ao Executivo a retirarse do Tratado da Carta de Enerxía, “porque protexe infraestruturas de combustibles fósiles”, como o gas; ou que se paralice o gasoduto MidCat.

Xoán Torres subliñou que “hai que apostar por infraestruturas de enerxía renovable” como as placas solares para autoconsumo, “pero con responsabilidade, non para facer macroparques eólicos en zonas protexidas”. “Esiximos ás administracións que invistan en enerxías renovables”, proclamou, á vez que lembrado que a actual crise “social, económica e enerxética, “como todas as crises”, afecta máis as persoas empobrecidas, que son as que sofren principalmente os efectos do cambio climático.

No caso de Vigo, lamentou que, a pesar de que o Concello asinou a Declaración de Emerxencia Climática, “serviu para practicamente nada”, xa que “non cumpriu nin unha das promesas que fixo”. “Ao contrario, invisten en cousas que non axudan”, concluíu.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...