InicioSociedadeA xuíza mantén en prisión os tres detidos en Vigo por unha...

A xuíza mantén en prisión os tres detidos en Vigo por unha suposta agresión sexual

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo ratificou a orde de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, que estaba de garda no momento no que se produciron os feitos, ratificou a orde de prisión para os tres detidos na cidade olívica por unha suposta agresión sexual.

Foi a principios deste mes cando o Xulgado de Instrución número 8, de garda no momento da detención, acordou o ingreso en prisión provisional de tres homes detidos como presuntos autores dun delito de agresión sexual cometido ese fin de semana. Investígaselles, ademais, por un suposto delito de relevación de segredos.

Agora, xa que o caso corresponde ao Xulgado número 7 debido a que o suceso ocorreu cando estaba este de garda, a xuíza ratificou a decisión. Segundo informaron fontes policiais, os feitos leváronse a cabo na madrugada do domingo 4 de setembro, cando estes tres homes supostamente agrediron sexualmente unha muller nun domicilio da zona de Travesía de Vigo.

Os tres sospeitosos foron detidos por efectivos da Policía Nacional na mañá do domingo e pasaron a disposición xudicial o martes seguinte.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...