InicioSucesosDeteñen en Vigo un mozo tras incumprir a orde de afastamento contra...

Deteñen en Vigo un mozo tras incumprir a orde de afastamento contra a súa nai

Os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso dunha persoa que alertaba de que o seu sobriño estaba a ameazar de morte a varios membros da familia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas un mozo de 23 anos de idade, R.J.C.G., cando tentaba entrar na vivenda da súa nai, da que ten unha orde xudicial de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso dunha persoa que alertaba de que o seu sobriño estaba a ameazar de morte a varios membros da familia. Unha dotación acudiu ao lugar e realizou unha inspección da zona para tratar de localizar o sospeitoso e, nese momento, a Policía recibiu unha segunda chamada na que informaba de que o mozo accedera ao patio interior da vivenda da súa nai.

Cando os axentes se presentaron alí, observaron a silueta do mozo e escoitaron ruídos de rotura de obxectos. Tras identificarse como policías, lograron que o sospeitoso saíse ao exterior e observaron que presentaba un estado de gran nerviosismo e agresividade, proferindo ameazas de morte cara aos seus familiares e cara aos propios funcionarios.

O mozo levaba unha cadea de metal nunha das súas mans, colocada en forma de ‘puño americano’, e mostrouno varias veces de forma ameazante. Mentres dialogaban con el para acougalo, nun descoido lograron quitarlle a cadea e inmobilizalo.

A Policía identificouno e comprobou que sobre el pesa unha orde xudicial que lle prohibe achegarse a menos de 200 metros da súa nai, polo que foi detido como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena.

OUTRO QUEBRANTAMENTO

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención doutro home, D.I.M., de 35 anos de idade, e que tamén vulnerou unha orde de afastamento, neste caso, da súa exparella.

Os feitos ocorreron sobre as 21,30 horas deste mércores, cando unha muller chamou ao 092 para alertar de que a súa exparella, que ten prohibido achegarse a ela, se presentou no seu domicilio e comezara a gritar. Cando foi identificado os axentes, o sospeitoso recoñeceu que sabía que tiña esa orde de afastamento, polo que foi arrestado.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...