InicioSociedadeVigo presenta o seu plan de acción da Axenda Urbana 2030, "con...

Vigo presenta o seu plan de acción da Axenda Urbana 2030, “con máis de 600 accións xa en marcha”

O documento incide tamén no papel de Vigo como cidade "acolledora e amable"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo lidera a implantación da Axenda 2030, “con máis de 600 accións xa en marcha” desde a última década, segundo manifestou este mércores en alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que presentou o plan de acción para conseguir este obxectivo.

Caballero explicou que, nos últimos anos, a cidade implementou 600 medidas aliñadas cos diferentes obxectivos que promove a Axenda 2030, e que iso demostra o seu “liderado” en materia de desenvolvemento sustentable.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o plan de acción da Axenda Urbana de Vigo, é dicir, o documento no que “converxen” todas as políticas levadas a cabo polo Concello ata agora, as presentes e as futuras.

Caballero destacou que o goberno local vai seguir traballando na captación de fondos da UE con proxectos baseados en catro principios: “Vigo intelixente, Vigo integrador, Vigo sustentable e Vigo resiliente”.

A folla de ruta contempla dez eixos estratéxicos, entre os que destaca a dimensión ambiental; a ordenación urbanística, mobilidade urbana e humanizacións; a eliminación da pegada de carbono, a enerxía sustentable e as medidas contra o cambio climático; ou a economía circular dunha cidade “aberta ao mundo”.

Por outra banda, o documento incide tamén no papel de Vigo como cidade “acolledora e amable”, que favorece a igualdade social e dixital; na vertente económica e de apoio á actividade empresarial; nunha vivenda “libre de especulación”, con medidas para rehabilitar inmobles e con promoción municipal de vivenda protexida; ou nunha cidade que favorece a participación cidadá, con políticas sociais e que aposta pola cogobernanza e a transparencia.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...