InicioSucesosUn incendio nun taller en Cangas deixa un traballador ferido

Un incendio nun taller en Cangas deixa un traballador ferido

Arderon catro coches que se atopaban no exterior do local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio nun taller mecánico no Hío, no municipio pontevedrés de Cangas, deixou un traballador ferido ao sufrir queimaduras, polo que requiriu asistencia sanitaria. Segundo informa o 112 Galicia, o lume neste taller situado na PO-315 afectou varios vehículos e queimou parte das instalacións.

Sobre as 14,00 horas deste mércores, un axente da Policía Local de Cangas informaba ao 112 Galicia do ocorrido. Avisaba de que había un vehículo ardendo ás portas dun taller localizado na recta do Viso, á beira da estrada que conduce de Bueu a Vilariño.

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Morrazo e axentes de Protección Civil da localidade pontevedresa. Protección Civil facilitou o primeiro balance dos danos: arderon catro coches que se atopaban no exterior do local, así como se viron afectados varios vehículos máis. Tamén rexistraron danos a fachada e a porta de acceso ao edificio.

Pola súa banda, os servizos de extinción controlaroon por completo as chamas pouco antes das 15,00 horas. A continuación, encargáronse de arrefriar as estruturas afectadas e dos labores de ventilación correspondentes. O traballador ferido foi atendido polo persoal do 061, que se achegou ata o punto nunha ambulancia, na que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Así mesmo, os axentes de Protección Civil que participaron no operativo solicitaron ao 112 informar a Augas de Galicia pola proximidade do lugar á lagoa de Vilariño.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...