InicioSociedadeO cheque gardería da Xunta, 300€ para gardería privada e...

O cheque gardería da Xunta, 300€ para gardería privada e 169€ si é gardería municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Federación Galega de Municipios e Provincias considera que a gratuidade das gardarías grava aos concellos, xa que “fronte aos máis de 300 euros mensuais por neno cos que a Xunta subvencionará ás gardarías privadas pola atención educativa, os centros municipais non recibirán máis de 169 euros polo mesmo concepto”.

Por iso, a Fegamp advertiu que a gratuidade das escolas infantís permanecerá “se o Goberno autonómico faise cargo realmente dese custo” porque, insistiu, “moitos destes centros están sufragados polos concellos”. Ante esta situación, a federación de municipios cre que o Goberno autonómico deixa aos centros locais “ao descuberto” ao destinar “5,5 millóns de euros á atención educativa”, mentres que esa partida, apuntan, “para as gardarías privadas ascenderá a 40 millóns de euros”.

Así mesmo, nun comunicado, expresou que avisara á administración autonómica de que o novo baremo podía “facer perigar a continuidade de centros”. Segundo a Fegamp, “non todos os concellos poderán afrontar os custos equivalentes ás cotas que ata agora achegaba os pais e nais”.

En todo caso, “en consideración ás familias”, asegura que as entidades locais manterán o servizo este curso, pero advirte que será “insustentable no tempo” e que se a Xunta quere implantar a gratuidade de forma permanente deberá dotar de fondos a medida.

Ademais, a Fegamp censura a “falta de diplomacia institucional” do Executivo galego por “atribuírse os méritos da medida en exclusividade” e “non recoñecer ao municipalismo a súa achega”, posto que as entidades locais “sufraxan 95 escolas públicas infantís de 0-3 anos e unha corentena de puntos de atención infantil”

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...