InicioSucesosFalece un traballador tras caer dunha escaleira na Cañiza

Falece un traballador tras caer dunha escaleira na Cañiza

O suceso ocorreu pasadas as 15,00 horas deste luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario do sector da construción faleceu este luns tras caer dunha escaleira na vía pública, no concello pontevedrés da Cañiza.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 15,00 horas. A esa hora, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba á central de emerxencias da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender a un operario que caera dunha escaleira.

Xa no lugar, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do traballador. Ata o punto tamén foron mobilizados axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como membros do GES-SPEIS de Ponteareas.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...