InicioSociedadeO BNG de Vigo rexeita a devolución de terreos na ETEA e...

O BNG de Vigo rexeita a devolución de terreos na ETEA e pide un novo convenio entre Concello e Zona Franca

A solución adoptada polo goberno local supón para o concelleiro nacionalista Xavier Pérez Iglesias "unha saída en falso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo trasladou este venres o seu rexeitamento á ‘solución’ adoptada polo goberno local para dar cumprimento a unha sentenza que lle obriga a abonar 11,5 millóns de euros a Zona Franca polos terreos transferidos na antiga ETEA en Teis, ou ben a devolvelos ao organismo estatal (que é a fórmula elixida por Abel Caballero), e instou a formalizar un novo convenio entre ambas as institucións e a Xunta para garantir o acceso público a esas parcelas e o desenvolvemento de toda a zona.

Así o comunicou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Iglesias, tras manter un encontro coa directiva da AA.VV. de Teis (que tamén rexeita a desafectación), e así o expresará a través dun voto particular cando se someta esa decisión a debate no próximo pleno.

Segundo apuntou o edil do BNG, os propios servizos xurídicos municipais poñen sobre a mesa a posibilidade de asinar un novo convenio para regularizar a situación das parcelas, e esa sería a maneira “máis adecuada para a protección do interese público”.

A solución adoptada polo goberno local supón para Pérez Iglesias “unha saída en falso”, xa que tampouco se concretou o suposto acordo con Zona Franca para que os usuarios poidan seguir gozando das instalacións deportivas que fixo alí o Concello. A iso sumar que haberá un peche “aínda que sexa temporal” das devanditas instalacións, co prexuízo que iso carrexa.

Por iso, urxiu a negociación dun novo convenio e buscar a “cooperación institucional” para que a urbanización da ETEA e a construción de todas as dotacións previstas poidan facerse realidade, case 20 anos despois de que os militares abandonasen o recinto.

ÚLTIMAS

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...