InicioCulturaBueu, capital das curtametraxes de Galicia

Bueu, capital das curtametraxes de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Bueu mergullarase na sétima arte entre os días 11 e 24 de setembro coa celebración da XV edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu), un certame que forma parte da marca provincial Rías Baixas Filme Fest e que levará ao Centro Social do Mar máis de 100 curtametraxes.

Así o anunciaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de Cultura, Vitoria Alonso, o director do FICBueu, Manuel Pena, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, o concelleiro de Cultura, Xosé Leal, e o director de Agadic, Jacobo Sutil, que acudiron á presentación do evento.

Esta nova edición do FICBueu outorgará o Premio Cinema Galego ao actor Miguel de Lira e contará con pezas internacionais, nacionais e galegas, así como con outras dedicadas ao público infantil ou xuvenil. Como novidade, o festival incorporará unhas xornadas cinematográficas e a programación completarase con actividades paralelas como coloquios, programas de radio ou un mercado.

Durante o acto, a presidenta provincial destacou a aposta deste festival “pola calidade” e polas mulleres na súa dirección e tamén puxo en valor a duración do certame, que nesta XV edición, “unha cifra máxica”, pasa dunha semana a dúas. “Poucos festivais de cinema teñen unha programación tan longa, e de tanta calidade, algo que tamén o identifica e referencia e que supón un enorme esforzo”, destacou.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...