InicioMedio Ambiente e PatrimonioDeberíanse cambiar as aves por pratos nos campionatos galegos de caza con...

Deberíanse cambiar as aves por pratos nos campionatos galegos de caza con arco?

Para a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, o campionato de caza con arco de Soutomaior desta fin de semana "non tería espazo algún nun país verdadeiramente desenvolvido", e critican o "apoio" da Xunta a esta proba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, o campionato de caza con arco de Soutomaior desta fin de semana “non tería espazo algún nun país verdadeiramente desenvolvido e implicado no desenvolvemento de políticas de protección ambiental e animal”.

Os animalistas realizaron esta afirmación comparando a convocatoria deste domingo no municipio pontevedrés cos “xogos simulados, que se están desenvolvendo cun importante éxito económico en lugares como Escocia, onde se emprega a tecnoloxía fronte á matanza de aves por mero divertimento”.

Ambos colectivos suxiren substituír o uso de paspallás, ou o acoso a estas aves na súa contorna natural, polo aluguer de máquinas de pratos “que imitan á perfección o movemento dos animais e constitúen unha alternativa ética fronte á caza ao uso, como empregar frechas para matar a estes seres vivos”.

FFW e LIBERA! tamén están contra a cobertura institucional que a Xunta de Galicia está prestando ao Campionato galego de caza con arco ao voo, “sendo unha modalidade extremadamente cruel, innecesaria e subvencionada polo goberno autonómico, onde tamén a Fundación Deporte Galego aparece presente nos carteis e no programa da proba”.

De forma paralela, estas organizacións solicitaron á Consellería de Medio Ambiente información do apoio que vén prestando a campionatos deste tipo, recordando que “o Parlamento xa advertiu sobre os seus subsidios ás matanzas de raposos que se veñen realizando na comunidade branqueadas como suposta actividade deportiva”.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...