InicioVigo e contornaVigo(Vídeo) Ayuso, "aclamada" en Cerdedo-Cotobade polos seguidores da 'á dura' do PP

(Vídeo) Ayuso, “aclamada” en Cerdedo-Cotobade polos seguidores da ‘á dura’ do PP

A visita da política madrileña evidencia a división do PP, agora máis disimulada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ayuso, “aclamada” na zona de Vigo, A presidenta da Comunidade de Madrid fixo acto de presenza na área da cidade olívica tras desprazarse ao congreso do PP en Cerdedo-Cotobade, co que o partido deu comezo a un novo curso político no que se propón expulsar ao PSOE da Moncloa.

A visita de Díaz Ayuso foi recollida nun vídeo que agora publica o portal Estado de Alarma, acusado de vínculos coa ultradereita e posto en reiterados entreditos polo comportamento dubidoso do seu reporteiro estrela, Javier Negre.

DIVISIÓN NO PP

A visita de Ayuso a Galicia deixa entrever novamente as costuras dun PP que malia presentarse unido de cara á galería segue a conter dúas almas no seu interior: a moderada ou tecnócrata, iniciada por Rajoy en continuada por Feijóo, e aquela de corte máis ideolóxico e aberto, percutida por Aznar e que hoxe ten a súa principal representante na mediática política madrileña.

Cómpre non esquecer que, ata o estalido do caso das ma´scaras, Díaz Ayuso era a alumna aventaxada do ‘aguirrismo’ e, a todas luces, a máis probable sucesora do desnortado Pablo Casado. Entón chegou a nova do contrato concedido ao seu irmán pola CAM e a consecuente caída en desgraza da súa carreira política.

Ayuso aguanta, con todo, á fronte da Comunidade e está por ver se unha potencial revalidación na Porta do Sol non a sitúa de novo como competidora de Feijóo cando este atravese as súas horas baixas. A guerra segue, en calqueira caso, aberta, aínda que os tiros teñan silenciador: de aí que no vídeo oficial do PP non se aprecien os berros de apoio á política madrileña.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...