InicioSucesosFerida unha persoa en Oia ao envorcar o tractor que utilizaba

Ferida unha persoa en Oia ao envorcar o tractor que utilizaba

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida ao envorcar o tractor que conducía en Oia. Foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para ser atendida polos servizos sanitarios.Segundo informa o 112, un particular alertaba esta mañá, ao fío das 11,30 horas, dun accidente nunha das baixadas ao cámping de Mougás. Escoitaba a unha persoa solicitando unha ambulancia, pero descoñecía a natureza do suceso.

Foi esa mesma persoa a que, momentos despois, puido comprobar que se trataba dun tractor que acababa de envorcar. A persoa que conducía o vehículo parecía estar ferida, aínda que non atrapada.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia ao lugar para trasladar á persoa accidentada ao centro hospitalario de referencia. Ademais dos servizos sanitarios, acudiron ao cámping de Mougás efectivos da Garda Civil de Pontevedra. Foron informados os Bombeiros do Porriño e o GES da Guarda.

ÚLTIMAS

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...