InicioVigo e contornaVigoVigo suprime unha traída de auga para que Baiona e Nigrán non...

Vigo suprime unha traída de auga para que Baiona e Nigrán non queden sen subministro

Deixará de abastecerse do encoro de Zamáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo decidiu suprimir o abastecemento de auga desde a presa de Zamáns para que todo o caudal vaia para o municipio de Nigrán e, se o necesita, tamén Baiona, dada a situación de “seca extremadamente grave” nestas localidades, e tras constatar que a Xunta “non fixo nada” para afrontar o problema.

Así o manifestou nunha rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero, quen explicou que convocou aos alcaldes destes Concellos do Val Miñor para estudar a situación, e ante a actitude do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que “nin unha soa vez” convocaron a estes responsables municipais.

Segundo sinalou o alcalde de Vigo, a cidade deixará de recibir auga desde Zamáns (xa se reduciu a subministración e a presa daba servizo a uns 19.000 vigueses, xa que a cidade abastécese de forma maioritaria desde a presa de Eiras) e que, con este xesto de “solidariedade” acode “en apoio” destes dous municipios veciños.

Abel Caballero denunciou que a administración autonómica coñece desde hai anos os riscos de potencial seca en Vigo e a súa comarca e, lonxe de tomar medidas como é a súa “obrigación”, non fixo “nada”. “Se non chove no outono ímonos a quedar sen auga, e a Xunta quere que quedemos sen auga por razóns políticas”, proclamou.

No caso do Val Miñor, aseverou que “Nigrán e Baiona vanse a quedar sen auga e a Xunta está a aplaudir, desexando que queden sen auga” estes concellos, así como o resto da área viguesa, por iso trasladou a súa “condena enérxica” á actitude “neglixente” do presidente galego e da conselleira.

Así mesmo, avanzou que a próxima semana convocará ao resto de alcaldes da área, cuxo abastecemento depende da presa de Eiras para estudar “medidas conxuntas de aforro e precaución ante a eventualidade dun outono seco, que xa o prevén os servizos meteorolóxicos dos Estados Unidos de América”.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...