InicioVigo e contornaVigoCaballero responde aos bombeiros: "o servizo funciona de acordo á normativa"

Caballero responde aos bombeiros: “o servizo funciona de acordo á normativa”

Pide dimisións entre os denunciantes a López Font a pesar de que o decreto impulsado por este foi anulado polos tribunais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores ás denuncias de sindicatos e membros do servizo de bombeiros da cidade, que volveron alertar sobre a falta de persoal e o risco que iso supón, asegurando que o devandito servizo “está a funcionar de acordo coa norma”.

Así se expresou o rexedor olívico a preguntas dos medios acerca desas advertencias dos bombeiros, que afirmaron que a escaseza de efectivos levaron a “pechar” outra vez o parque de Coruxo o pasado fin de semana.

Caballero proclamou que o servizo funciona de acordo á normativa, sen entrar en máis detalles, aínda que si se referiu ao auto do xulgado de instrución 5 de Vigo, polo que se arquivaron as actuacións contra o concelleiro Carlos López Font (e contra o xefe da área de Seguridade), denunciado pola CIG por aplicar un decreto que impuña as horas extras e que logo foi anulado polos tribunais.

O alcalde preguntou “quen vai dimitir” despois do arquivo da causa e acusou a quen promoveron ditas dilixencias de interpor unha “denuncia falsa”. “Unha denuncia falsa é unha cuestión gravísima”, insistiu o rexedor, quen proclamou que “foi sobreseída e, se está arquivada, é falsa”.

Precisamente, no auto de sobresemento das dilixencias, a xuíza recolle o principal argumento empregado polos investigados para defender a aplicación do decreto: a necesidade de “forzar” as horas extraordinarias para cubrir un mínimo de 20 efectivos nos parques de bombeiros, sen os cales, en caso de sinistro, “a indefensión dos cidadáns sería absoluta”.

ANOS DE DENUNCIAS

Os bombeiros de Vigo levan anos denunciando a sobrecarga de traballo por falta de persoal e o feito de que, nunha porcentaxe moi elevada de xornadas, os parques da cidade non contan con ese mínimo de 20 efectivos. De feito, os sarxentos responsables na actualidade do servizo, convocaron unha rolda de prensa para este xoves, para denunciar a súa “precariedade” e o “risco inminente” para a seguridade dos cidadáns e dos propios funcionarios.

ÚLTIMAS

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...

A A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres feridos leves

A A-55 (Vigo-Tui), ao seu paso por Mos (Pontevedra), rexistrou este venres dúas colisións...

O PP de Vigo pide explicacións pola “desaparición” do Festival Terraceo

O grupo municipal do PP de Vigo pediu explicacións pola desaparición do Festival Terraceo da...