InicioSucesosDetido en Vigo tras tentar agredir unha muller e os axentes que...

Detido en Vigo tras tentar agredir unha muller e os axentes que tentaban acougalo

Ao decatarse da presenza da Policía, emprendeu a fuxida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.F.P.I., de 55 anos de idade, por tratar de agredir presuntamente unha muller na vía pública e tentar golpear tamén os policías que actuaron para identificalo e acougalo.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos ocorreron na tarde do pasado sábado, cando unha dotación que patrullaba pola Avenida de Fragoso observou un home agredindo unha muller e que, ao decatarse da presenza dos axentes, emprendeu a fuxida. Os policías conseguiron interceptalo e o home mostrouse moi agresivo, proferindo ameazas contra os funcionarios.

As testemuñas relataron que o sospeitoso insultara e tentara agredir unha muller, sen mediar provocación ningunha, e que unha amiga desta se interpuxo para evitar o ataque. Cando os policías estaban a actuar, tratando de acougar o aludido, este tentou agredilos a eles, polo que tivo que ser reducido para a súa posterior detención, como autor dun suposto delito de agresión e atentado contra axentes da autoridade.

O arrestado foi trasladado inicialmente á PAC da rúa Pizarro e, posteriormente, ao hospital Álvaro Cunqueiro, para ser sometido a unha avaliación psiquiátrica.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...