InicioPolíticaPP de Vigo denuncia que Caballero paralizou unha licitación para "blindar" o...

PP de Vigo denuncia que Caballero paralizou unha licitación para “blindar” o condenado por enchufar á cuñada de Silva

"Aquí non primou o interese público. Utilizouse ao Concello para blindar esta persoa, probablemente para pagarlle o favor e asegurar o seu silencio", sentenzan os populares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, alertou do “escándalo” que supón a “manobra” levada a cabo polo goberno local, que paralizou a licitación da iluminación para “blindar” no contrato ao condenado por enchufar á cuñada de Carmela Silva, a presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde.

“O alcalde, Abel Caballero, non ordenou a licitación do contrato ata asegurarse que o tribunal suspendía a condena e aseguraba que podía traballar para o sector privado. Cando estivo seguro diso, e non antes, de maneira extraordinaria e urxente dun día para outro sacou adiante unha licitación de 12 millóns de euros, un dos contratos máis importantes da cidade e tamén dos máis zumentos”, lamentou Marnotes.

Neste sentido, o portavoz do PP criticou que esta nova licitación non se activou ata dous meses antes de terminar o actual contrato, coincidindo coa suspensión de condena pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

O concelleiro explicou que o contrato terminaba o pasado mes de xullo e non empezou a licitación ata dous meses antes. “Resulta evidente que Vigo quedaría sen mantemento de iluminación pública e dos túneles da cidade, polo que fan o apaño de regalarlle á empresa tres meses máis de contrato e case medio millón de euros”, engadiu, segundo recollen os ‘populares’ nun comunicado.

Marnotes insistiu en que o contrato de 12 millóns estivo “parado” polo Concello ata que se asegurou de que esta persoa podía seguir traballando. “Aquí non primou o interese público. Utilizouse ao Concello para blindar esta persoa, probablemente para pagarlle o favor e asegurar o seu silencio”, sentenciou.

Pola súa banda, desde o Concello reivindicaron nun comunicado que o único atraso na tramitación deste contrato foi debido a unha denuncia do Partido Popular ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, que foi rexeitada.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...